Adega Cachín
info@adegacachin.com
HISTORIA
Á sombra do mosteiro de San Paio, na localidade de Abeleda, A Teixeira, atopámonos cun dos viñedos máis consentidos e coidados da Ribeira Sacra. César Enríquez Diéguez e familia comezaron co soño de recuperar unha bela ladeira con moita historia, da cal, saían as uvas coas que satisfacían os diezmos dos reis de Castela.
Adega Cachín cultiva 8 hectáreas de viñedos, dos cales 5 atópanse na parcela que dá nome e, á vez, prestixio pola materia prima excelente que produce á marca Peza do Rei. É onde, César, este humilde viticultor expresa con honestidade o seu gran labor e respecto pola terra.
Xa desde as súas orixes a filosofía desta adega é basear a súa elaboración nunha coidada viticultura, realizando ao longo da década dos 90 unha reconversión dos viñedos, substituíndo variedades existentes por variedades autóctonas como a Mencía, en variedades tintas e o Godello, a Treixadura, o Albariño, en variedades brancas.
Nos viños tintos, o viticultor César Enríquez, para conseguir complexidade, diferenciación e personalidade doutros viños elaborados coa variedade Mencía como variedade principal, incorpóranse outras variedades como son a Brancellao, Caiño, Sousón ou Merenzao e nos viños brancos que son elaborados coa variedade Godello como principal, incorpóranse a Albariño e a Treixadura.
A marca que comercializa a adega “Adega Cachín” é PEZA DO REI coas súas variantes tinto nova, branco novo e tinto barrica.
Non teñen viñedos propio pero a compra da uva faise seguindo uns criterios cuxo único fin é a óptima calidade do viño.