Amarelante

HISTORIA

Amarelante Sociedade Cooperativa Galega xorde no ano 2013 cun obxectivo claro: a recuperación de castiñeiras abandonadas para a produción de castaña, apostando por darlle un valor engadido a través de produtos elaborados. Detrás desta gran declaración de intencións estamos Sonia, Óscar, Marcos, Natalia, Félix, Davide, Iria, Lito e Luz, o nove socios e socias aos que nos chamaron “tolos”, “idealistas” ou “utópicos” cando empezamos a nosa particular aventura entre castiñeiros.

A nosa base de operacións é Manzaneda, un concello que cumpría con todos o noso nosos requisitos: centos de castiñeiros “a monte”, unha poboación envellecida que non pode atendelos e a necesidade urxente de ofrecer alternativas reais das que vivir (non sobrevivir) no rural. Porque quizais si somos un pouco idealistas pero estamos convencidos de todo o seu potencial e de que o noso proxecto pode ser unha ferramenta de transformación social que vai moito máis alá de recoller castañas.

E aí seguimos… soñando nos soutos (a pesar da burocracia, o chancro dos castiñeiros ou a avispilla). Apostamos por produtos naturais e de calidade!

Contacta

988 34 61 69
informacion@gdrsilbibeinavea.com

Visítanos

Praza do Reloxo , 11
32780 A Pobra de Trives (Ourense)

 

Política de Privacidade

Conéctate
Política de Cookies
Utilizamos cookies para realzar a túa experiencia mentres utilizas o noso sitio web. Se estás utilizando os nosos servizos vía un navegador podes restrinxir un bloque ou rexeitar cookies. Tamén utilizamos contido desde terceiros.. Podes proporcionar o teu consentimento abaixo para deixar utilizar cookies de terceiros. Para información completa sobre as cookies que utilizamos, datos que recollemos e como os procesamos, por favor comproba a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para mostrar contido dende - Youtube
Vimeo
Consentimento para mostrar contido dende - Vimeo
Google Maps
Consentimento para mostrar contido dende - Google