Bica Malena
HISTORIA
Bica amantecada típica galega. Bica Malena. Delicioso doce feito artesanalmente segundo a receita tradicional en Castro Caldelas.
Esta Bica é elaborada seguindo a receita tradicional de Castro Caldelas, coidando con moito mimo todos os ingredientes que utilizan para a súa elaboración. É sen dúbida o doce preferido por moitos de nós para almorzar, ou para merendar acompañando un café con leite. O seu toque a canela é a característica diferenciadora desta bica fronte a outras. Elaborada artesanalmente por Confeitaría Malena.