Embutidos Marucho
HISTORIA
Embutidos Marucho é unha Empresa que se dedica a a Elaboración de todo tipo de Embutidos artesanais da máis alta calidade con máis de vinte anos de experiencia na localidade de Raigada, Manzaneda (provincia de Ourense).
Destacamos no sector por fabricar embutidos con produtos naturais, acompañado por un excelente clima que axuda a proporcionar un sabor incomparable. Temos como principal obxectivo satisfacer aos clientes coa mellor atención e un excelente servizo.
Embutidos Marucho é hoxe, despois de dúas décadas de experiencia, dedicación e constante evolución, o perfecto resultado que produce a mentalidade do bo artesán do embutido, combinado cun concepto empresarial moderno e vistas de futuro.