Empanada de carne

110 minutos
10 persoas
Media

INGREDIENTES

  • 500 grs. masa de empanada galega
  • 500 grs. de tenreira galega (agulla preferentemente)
  • 1 chourizo galego pouco curado
  • 1 cebola grande
  • 3 dentes de allo
  • 1 pemento vermello
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Sal (ao gusto)
  • 1 ovo (para pintar a empanada)

ELABORACIÓN

RECHEO DA EMPANADA

Nunha tixola quentamos un chorriño de aceite de oliva. Cando o aceite estea quente engadimos a cebola cortada en xuliana, os dentes de allo troceados e o pemento vermello cortado en dadiños pequenos. Sofreímos as verduras ata que estean blandiñas.

Retiramos a pel ao chourizo e  troceámolo en dados pequenos.

Limpamos a carne de tenreira eliminándolle os restos de graxa e as telillas propias desta parte da tenreira. Troceamos a carne en dados pequenos.

Engadimos o chourizo á cazuela e cociñamos 2 ou 3 minutos. Incorporamos a carne de tenreira, salgamos e douramos durante 5 ou 6 minutos. É importante non cociñar a carne en exceso neste punto.

Debemos de ter en conta que a carne continuará a súa cocción dentro do forno.

Retiramos a tixola do lume e pomos o recheo a escurrir para retirarlle o mollo e aceite que teña. Este mollo é o que usaremos para a elaboración da masa de empanada. Reservamos o recheo até o momento de utilizalo.

 

PREPARACIÓN DA EMPANADA

Dividimos a masa da empanada en dous partes e estiramos a primeira delas sobre unha superficie enharinada, coa axuda dun rodete. Estiraremos a masa ata que cubra unha superficie equivalente á da fonte do forno, que é o que imos utilizar.

Trasladamos a masa á bandexa do forno, que previamente haberemos enharinado.

Engadimos o recheo de carne distribuíndoo ben por toda a superficie. Debemos deixar un perímetro libre para despois facer o selado da masa.

Cubrimos coa outra metade da masa que estiraremos da mesma maneira que a primeira.  Selamos todo o perímetro da empanada enrolando a base coa tapa de masa.

Coa punta dun coitelo abrimos unha cheminea ou buraco no centro, para que se poidan escapar os vapores durante o horneado.

Pintamos a empanada con ovo batido. Coa masa que nos sobrou podemos decorar a superficie da empanada.

Co forno previamente quente a 180º C, horneamos a empanada durante 40 /45 minutos. Sempre con temperatura arriba e abaixo na bandexa do medio do forno.

Retiramos a empanada do forno e deixamos que se arrefríe antes de servila. Para que quede máis bonita e brillante podemos pintala con aceite de oliva. Antes de servila.

 

Fonte. Recetas de Rechupete

Contacta

988 34 61 69
informacion@gdrsilbibeinavea.com

Visítanos

Praza do Reloxo , 11
32780 A Pobra de Trives (Ourense)

 

Política de Privacidade

Conéctate
Política de Cookies
Utilizamos cookies para realzar a túa experiencia mentres utilizas o noso sitio web. Se estás utilizando os nosos servizos vía un navegador podes restrinxir un bloque ou rexeitar cookies. Tamén utilizamos contido desde terceiros.. Podes proporcionar o teu consentimento abaixo para deixar utilizar cookies de terceiros. Para información completa sobre as cookies que utilizamos, datos que recollemos e como os procesamos, por favor comproba a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para mostrar contido dende - Youtube
Vimeo
Consentimento para mostrar contido dende - Vimeo
Google Maps
Consentimento para mostrar contido dende - Google