Finca A Mata
HISTORIA
Finca A Mata é unha explotación agrogandeira situada na aldea de Langullo, no concello ourensán de Manzaneda, que leva apostando con éxito pola diversificación de producións, aproveitando os recursos do medio dunha forma sustentable e creando valor engadido.
Queixo de leite de vaca, becerros, cordeiros, uvas, veu ou castañas son as producións que saen desta finca situada nunha contorna paisaxística privilexiado como son os canóns do río Bibei.