Montederramo, Chandrexa de Queixa e San Xoán de Río

Esta é unha ruta recomendada para os máis deportistas e amantes do patrimonio histórico e paisaxístico.

Comezamos a ruta no concello de Montederramo, visitando o mosteiro cisterciense de Santa María de Montederramo, un dos monumentos renacentistas máis importantes de Galicia. Como patrimonio histórico tamén podemos visitar o cruceiro de pedra de Marrubio, a ponte de Vilariño Frío e outras arquitecturas relixiosas como o peto das ánimas de Vilariño Frío, os cruceiros de pedra de San Xoán de Chas e Santiago da Medorra, así como diversas igrexas parroquiais.

Neste mesmo concello tamén se poden facer dúas rutas de sendeirismo, a Ruta do Santo e a Ruta do Bidueiral.

Dende Montederramo dirixímonos a Chandrexa de Queixa, concello onde se atopa a Serra de Queixa e polo que discorre o río Dorelle formando unha paisaxe de fervenzas de ata 10 metros de altura. Recomendamos facer unha das rutas que vos propoñemos e gozar desta paisaxe:

  • Ruta do río Dorelle
  • Ruta circular San Cristovo-Fonteita
  • Ruta do Seixo
  • Ruta dos glaciares
  • Ruta da Queixeliña
  • Circunvalación encoro

Ademais do sendeirismo neste municipio, podemos visitar algúns recursos turísticos como a ponte da Previsa, o Muíño dos Peila, a área recreativa de Cardiego, a fervenza de Dorelle ou a área recreativa do Rabal, conxugando así historia e natureza.

O municipio está bañado polo encoro do mesmo nome, no que podemos realizar actividades náuticas como o piragüismo.

Para os amantes do patrimonio histórico, podemos continuar a ruta en San Xoán de Río, onde podemos visitar numerosas igrexas e ermidas, así como os miliarios romanos (columnas de pedra que se colocan nos laterais das vías romanas para indicar a distancia, cada 1.481 metros), ou a Ponte Navea, ponte da Vía Nova ou Vía XVIII da Ruta Antonina.

Non podemos saír deste territorio sen probar os seus produtos autóctonos e típicos.

Por unha banda, o mel, recomendando unha visita a Mel Sabor da Serra, e ,por outra banda, carne de Gandería Galupa onde se cría gando vacún da raza Limousin en liberdade.

Servizos

Onde Comer

Onde Durmir

Descubre todas as experiencias de “A Cociña de Silbina”

Contacta

988 34 61 69
informacion@gdrsilbibeinavea.com

Visítanos

Praza do Reloxo , 11
32780 A Pobra de Trives (Ourense)

 

Política de Privacidade

Conéctate
Política de Cookies
Utilizamos cookies para realzar a túa experiencia mentres utilizas o noso sitio web. Se estás utilizando os nosos servizos vía un navegador podes restrinxir un bloque ou rexeitar cookies. Tamén utilizamos contido desde terceiros.. Podes proporcionar o teu consentimento abaixo para deixar utilizar cookies de terceiros. Para información completa sobre as cookies que utilizamos, datos que recollemos e como os procesamos, por favor comproba a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para mostrar contido dende - Youtube
Vimeo
Consentimento para mostrar contido dende - Vimeo
Google Maps
Consentimento para mostrar contido dende - Google