Vilariño de Conso e Viana do Bolo

Esta experiencia discorre polos concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo, dous concellos limítrofes e dos máis extensos da provincia de Ourense.

Comezamos a ruta visitando Viana do Bolo, un territorio coñecido polo seu famoso Entroido e pola súa paisaxe, na que o canón do río Bibei contrasta con altas montañas como a Pena Trevinca, considerada “o teito de Galicia”.

Na propia vila podemos visitar a Torre da Homenaxe, de 32,7 metros de altura e desde a que podemos conseguir unhas incribles vistas. Nela está o Museo Etnográfico de Viana do Bolo.

Tamén podemos camiñar polo centro histórico, enriba dun pequeno promontorio, descubrindo o Cabo da Vila, o seu barrio máis antigo, e a Praza Maior.

Ao saír da vila hai que visitar a mina romana das Borreas, cunha paisaxe non tan agresiva como as coñecidas Médulas leonesas, pero onde se poden ver restos de pináculos laranxas.

Outra paisaxe que non podemos perder é a do canón do río Bibei, antes de unirse ao Sil, este río forma un gran canón de 40 quilómetros de lonxitude con pendentes de ata 500 metros.

Para os máis activos propoñemos un par de rutas. A ruta do Pai Eterno, un camiño circular de 12 quilómetros de dificultade media, apto tamén para bicicletas e cabalos. Esta ruta parte precisamente do Santuario do Pai Eterno, de aí o seu nome e a ruta da Pinza, de 11 quilómetros, tamén circular.

Non podemos saír deste concello sen probar os embutidos da zona. A empresa Embutidos e Salazones García Marcos, que leva máis de 30 anos conxugando calidade e tradición nos seus produtos, ofrece embutidos tradicionais da zona: botelos e androllas.

Tamén recomendamos o mel, que se pode mercar en Roble Verde  ou Luz de Grixoa.

Continuamos a ruta no concello de Vilariño de Conso, un territorio cunha paisaxe propia do Macizo Central Galego. Alí podemos facer varias rutas BTT, como as rutas:

E como ruta de sendeirismo propomos a PR-G 118, Ruta dos Soutos.

Unha moi boa opción como punto de concentración para realizar estas actividades é o albergue de Vilariño de Conso, onde tamén se ofrecen diferentes actividades e aluguer de material.

En canto á produción local, non podemos deixar de probar “os Montonicos”, un doce que só veremos neste concello. Na Panadería Guerra podemos mercar algúns e coñecer a súa historia. Tamén paga a pena pararse pola finca ecolóxica A Ciruxana onde están a recuperar a raza de ovella galega.

E por último, tamén destaca a produción de arándanos neste concello por parte da empresa Vilaberries, cunha plantación ecolóxica de 6 hectáreas.

Servizos

Onde Comer

Onde Durmir

Descubre todas as experiencias de “A Cociña de Silbina”

Contacta

988 34 61 69
informacion@gdrsilbibeinavea.com

Visítanos

Praza do Reloxo , 11
32780 A Pobra de Trives (Ourense)

 

Política de Privacidade

Conéctate
Política de Cookies
Utilizamos cookies para realzar a túa experiencia mentres utilizas o noso sitio web. Se estás utilizando os nosos servizos vía un navegador podes restrinxir un bloque ou rexeitar cookies. Tamén utilizamos contido desde terceiros.. Podes proporcionar o teu consentimento abaixo para deixar utilizar cookies de terceiros. Para información completa sobre as cookies que utilizamos, datos que recollemos e como os procesamos, por favor comproba a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para mostrar contido dende - Youtube
Vimeo
Consentimento para mostrar contido dende - Vimeo
Google Maps
Consentimento para mostrar contido dende - Google