Infórmate

Antes de viaxar busca a información necesaria para disfrutar de todo o que te ofrece a cociña de Silbina. Na nosa web podes consultar a oferta turística vinculada á gastronomía. Segue o noso perfil en redes sociais para estar informado de eventos, experiencias e recomendacións.

Goza do simple pracer de comer e beber

Descubre e explora o noso territorio dunha forma tranquila e pausada. Bebe unha copa de viño con calma, proba as nosas carnes, os nosos embutidos e queixos con un bo pan artesán, e non esquezas deixar oco para as nosas sobremesas.

Non so Gastronomía

Planifica ben a túa viaxe para ter tempo de visitar a oferta turística, patrimonial, cultural, deportiva e de lecer que se estrutura no conxunto do territorio. Antes e despois de xantar hai tempo para coñecer a espectacularidade desta paisaxe labrada polos cursos dos ríos Sil, Bibei e Navea.

Comparte un día cos produtores locais

Descubre os segretos do cultivo da vide e da elaboración dos viños.  Aprende como se elabora un queixo artesán ou participa na recollida de castañas nos soutos para coñecer a relevancia e posibilidades do seu so culinario. Contacta con antelación cos produtores que ofrecen visitas e cos museos para coñecer os seus horarios de visita.

Con nenos

A contorna natural deste territorio é ideal para descubrila en familia. Recorrer as rutas do Parque Natural do Invernadeiro en Vilariño de Conso, deslízarse polas pistas da Estación de Montaña de Manzaneda, navegar polo Cañón do Sil, pedalear polas rutas do Centro BTT Ribeira Sacra ou visitar os distintos museos etnográficos, son plans moi adecuados para compartir cos máis pequenos.

Non te perdas o Entroido

O Entroido é por definición a festa máis subversiva do ano. Unha festa na que as costumes se relaxan, os roles se invirten e un pode rirse de todo. O Entroido en Galicia conta cuhna gran tradición popular en toda a provincia de Ourense. É unha celebración na cal se comparten auténticos banquetes gastronómicos coa familia e amigos, que teñen como protagonistas ao porco e de acompañantes ás patatas, aos grelos e aos garavanzos. De sobremesa, filloas, orellas e a famosa bica; e de remate, un bo licor café.

Un agasallo para o padal

Non te esquezas de levar un recordo gastronómico da viaxe. Din que mens sana in corpore sano. Todos os produtos que se elaboran e forman parte da gastronomía do territorio Silbina son naturais e fantásticos para gozar dunha boa saúde, con un consumo responsable.  Podes optar por mercar unha bica nunha das panaderías locais, unha adrolla nunha empresa de embutidos, viño nas adegas que organizan catas e visitas ou queixo nalgunha das queserías artesanais, entre outros prodctos que podes adquirir nos establecementos coa venda ao público.

Non esquezas a túa cámara

Quizais as túas mellores fotos as gagas co móbil, mais sexa como sexa, non o esquezas xa que hai imaxes que quererás inmortalizar na túa viaxe ao territorio no que cociña Silbina.

Concellos

A Teixeira

Na casa museo “Casa do Viño”, situado na antiga escola da aldea, poderás ampliar os teus coñecementos sobre a cultura do viño e o seu proceso de elaboración. Poderás acercarte a algunha das adegas vinculadas á D.O. Ribeira Sacra que ofrecen visitas guiadas e catas. No mes de novembro celébrase a “Feira do Viño Novo”.

WEB

A Pobra de Trives

O sabor dunna bica recén forneada é un manxar que non debes perderte na túa visita a este municipio. Existen varias panaderías locais especializadas na súa elaboración. Tamén gozan de merecida fama os produtos gastronómicos derivados do porco, a tenreira, o cabrito, así como os viños e a mel.

WEB

Castro Caldelas

Destacan a tenreira de raza “Caldelá”, autóctona da zona e de gran calidade. Tamén o xamón curado da comarca e por suposto a súa bica, con receita propia, unha sobremesa típica que goza dun gran recoñecemento en toda Galicia. Tamén se producen viño da D.O Ribeira Sacra, augardentes e licor-café de gran fama.

WEB

Chandrexa de Queixa

A media montaña como a Serra da Queixa é sinónimo de boa carne gracias ás herbas e pastos que permiten alimentar ao gando dunha forma natural. Por elo destacan os pratos elaborados con carnes tanto de vacuno e porco, como de cabrito e cordeiro. A finais do verán celébrase a “Festa do Cordeiro”.

WEB

Manzaneda

Os “soutos” (bosques de castiñeiros) son lugares únicos nos que descansan castiñeiros centenarios cuxo froito, a castaña, forma parte da gastronomía local e é a protagonista do magosto, unha festa en torno ao lume e ás castañas asadas coa que os galegos honraban as colleitas. Tamén merecen atención os produtos da caza e a pesca, así como os licores de herbas e de café elaborados artesanalmente.

WEB

Montederramo

A carne é o produto estrela e no mes de outubro convértese na protagonista da “Feira da carne” onde se exalta a carne de vacuno. Como no resto do territorio, tamén se poden degustar receitas tradicionais, así como mel, viño e licores.

WEB

Parada de Sil

A castaña é un dos produtos de referencia da súa gastronomía e recuperou o protagonismo que se merece na mesa. Por elo non debes perderte calquiera dos “magostos” que se celebran en todas as parroquias entre os meses de outubro e novembro, e aproveitar para degustar os espléndidos licores de herbas ou licor café. Tamén te recomendamos unha visita á Casa Museo Fábrica de Chocolate, en Teimende, único museo do chocolate en Galicia centrado na historia da familia Casares.

WEB

San Xoán de Río

Na súa gastronomía, ao igual que en todo o territorio, destacan os derivados da matanza do porco. A altitude e o clima frío favorecen o proceso de curado, polo que produtos como o chourizo, o xamón ou a androlla alcanzan unha calidade excepcional, consumidos por separado ou xuntos no tradicional cocido.

WEB

Viana do Bolo

O domingo de “Entroido” a androlla convértese na raíña da xornada, acompañada, para degustala, de cachelos (pataca cocida) e grelos. No mes de outubro, en Punxeiro, celébrase a “Festa da Vendima”.

WEB

Vilariño de Conso

Aproveitándose dos ríos Cenza e Conso podemos disfrutar dun bo prato de troitas ou anguilas. Tampouco faltarán os embutidos tradicionais como o chourizo, a androlla e o xamón, así como as carnes de vacuno, cordeiro e cabrito, coa súa particular festa de exaltación celebrada o domingo de Entroido. Ademais da bica, é típico acompañar o café cun montonico, unha especie de tarta a base de capas de hoxaldre e doce de leite.

WEB
Contacta

988 34 61 69
informacion@gdrsilbibeinavea.com

Visítanos

Praza do Reloxo , 11
32780 A Pobra de Trives (Ourense)

 

Política de Privacidade

Conéctate
Política de Cookies
Utilizamos cookies para realzar a túa experiencia mentres utilizas o noso sitio web. Se estás utilizando os nosos servizos vía un navegador podes restrinxir un bloque ou rexeitar cookies. Tamén utilizamos contido desde terceiros.. Podes proporcionar o teu consentimento abaixo para deixar utilizar cookies de terceiros. Para información completa sobre as cookies que utilizamos, datos que recollemos e como os procesamos, por favor comproba a nosa Política de Privacidade
Youtube
Consentimento para mostrar contido dende - Youtube
Vimeo
Consentimento para mostrar contido dende - Vimeo
Google Maps
Consentimento para mostrar contido dende - Google